Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Vázquez: “O premio é un recoñecemento ao labor de todo o club”

IvanPremio

O presidente e adestrador do Fs Arealonga. Iván Vázquez Figueroa, acaba de recibir por parte da Federación Galega de fútbol o galardón “Adestrador destacado” da delegación de Vigo. A gala, celebrada a pasada fin de semana en Sanxenxo foi “moi emotiva” en palabras do propio técnico, quen afirma que é “un privilexio” recibir esta distinción que serve para recoñecer “a longa traxectoria do Arealonga FS, un club polo que xa pasaron moiras xeracións de nenos e nenas”. Malia a súa xuventude, Iván acumula xa 24 anos como adestrador, e o premio dálle ánimos “para seguir traballando polo deporte base, que supón unha importante labora social na vila”. O presidente comparte tamén este galardón “con todo o club, directivos, delegados, adestradores e xogadores”

O Arealonga comeza a temporada 2023/24 cun total de 16 categorías, desde biberóns ata sénior, con equipos tanto masculinos como femininos. A falta de espazo e de horarios dispoñibles nas instalacións deportivas fan imposible dar cabida a un número ilimitado de nenos, pero no club tentan dar resposta a todos aqueles que queren formar parte do Arealonga FS.

A aposta polo fútbol sala feminino ten sido unha constante por parte do Arealonga FS desde os seus inicios, e esta temporada contan con equipos en todas as categorías, desde Alevíns ata Sénior. Vázquez Figueroa está moi satisfeito do rendemento das xogadoras, e lamenta que en demasiadas ocasións equipos de categorías superiores leven a rapazas que “aínda están en formación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará