Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un vertido de terra tingue as augas do Alvedosa

alvedosa

Foto: Fon Decon

O río Alvedosa presenta dende hai uns días unha cor marrón que fixo saltar as alarmas entre a cidadanía. Con todo, dende o a Concellería de Medio Ambiente explican que non se trata dun vertido contaminante “a cor chocolate débese ao movemento de terra que se está a realizar nunha finca privada no paseo do Maceiras por mor da realización dun muro” explica a concelleira Pilar Martínez.

Unha obra que contaría con todos os permisos pertinentes malia o cal dende o Concello aseguran estar pendentes das súas consecuencias e de ter informado a Augas de Galicia. A obra consiste no levantamento dun muro nunha leira particular para o cal se realizou un movemento de desterre que provocou  que parte desa terra acabara no leito do río cuxas augas baixaron completamente turbias nas últimas xornadas.

Malia o mal aspecto do Alvedos explican os responsables municipais que tan só “é terra”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará