Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e baile tradicional en Chapela cos festivais das agrupacións Froles Mareliñas e Anaquiños

festival

Froles Mareliñas celebra a súa festa popular na Senda verde de Chapela nunha décima edición que arrancará no mediodía do sábado con sesión vermú, actuación do grupo Os Beretes e foliada para pechar a xornada. O grupo folclórico Anaquiños celebrará o seu festival anual no Multiúsos do Piñeiral a partir das 19:00 horas coa actuación dos grupos Cuelebre-Lugones de Asturias, o grupo Ponte de Limas de Portugal e o grupo anfitrión.

Froles Mareliñas
Décima edición dunha festa na que non faltará a música, o baile e a gastronomía e cuxa organización corre a cargo da Asociación Froles Mareliñas en colaboración co concello.
A cita arrancará xa ao mediodía do sábado 30 con actuacións musicais nunha sesión vermú na que se servirán mexillón de balde entre os asistentes. Logo do xantar arrancará unha tarde de festa coa actuación das escolas Traspés, a verbena ás 20:00 horas co grupo Os Beretes e ao remate foliada aberta na que poden participar todos os que o desexen.

Grupo Folclórico Anaquiños
Pola súa banda, o grupo Folclórico “Anaquiños” celebra tamén este sábado o seu festival anual no que participan a Agrupación Folclórica Cuelebre – Lugones procedente de Asturias e o grupo Cultural e Recreativo de Danzas e Cantares de Ponte de Lima de Portugal.
A súa participación corresponde ao intercambio de actuacións que organizan estes grupos nas súas respectivas localidades, seguindo o costume de intercambio de culturas e xeitos de manter as respectivas tradicións.
O Grupo Folclórico Anaquiños, como organizadores do festival, participacoas distintas seccións de baile -infantil e senior- co correspondente grupo de gaitas, así como o grupo de pandeireteiras.
O Festival arrancará ás 19:00 horas do serán do día 30 de setembro (sábado), no Multiusos do Piñeiral en Chapela, con entrada de balde ata cubrir as localidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará