Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno sae en defensa dos traballadores do Grupo Pescanova

pleno

A moción presentada polo BNG en defensa dos traballadores e traballadoras de Pescanova ameazados por un ERE que contempla o despedimento de 82 persoas das oficinas de Chapela e Madrid,  saiu adiante ao contar con apoio dos concelleiros de PSOE e PP. O edil de AER, malia manifestar o seu apoio as persoas afectadas, optou pola abstención por tratarse “dun tema no que o Concello non ten competencia”.

Os nacionalistas solicitaban o apoio do resto dos grupos de cara a amosar o apoio do pleno aos traballadores do Grupo Pescanova, ameazados cun ERE “rexeitando calquera despedimento”, así como instar á dirección da empresa a que manteña a entidade na súa actual situación. O voceiro do BNG, Xoán Carlos González lembraba que esta reducción no emprego estaría vinculada a venda deste grupo para maquillar os números e resultar así máis atractiva para empresas como Cooke, interesadas na compra da entidade.

Xoán Carlos González, BNG

Os socialistas sumábanse tamén a estas peticións “amosando o noso total apoio aos traballadores e traballadoras así como ás mobilizacións que teñen previsto levar a cabo en defensa dos seus postos de traballo”. Neste sentido apuntaba a voceira do PSOE, Ríta Pérez que o vindeiro 3 deoutubro xa hai prevista unha protesta no acto de apertura de Conxemar.

Rita Pérez, PSOE

Dende o PP era a edil Ana Alonso quen trasladaba “o noso apoio incondicional a cada un dos traballadores e traballadoras Pescanova e faremos todo o necesario para que se manteña a viabilidade da empresa na súa totalidade”.

Unha compañía histórica e que supón “a maior empresa ubicada na nosa localidade”. Neste sentido lembraba que este expediente pon en risco os traballos directos que incialmente afectan a persoal de oficina, 82 dos cales 15 en Madrid pero que afectará tamén a outros sectores e traballadores externos polo que reclaman “un plan de viabilidade que conte con todas e cada unha das persoas que permitiron a esta empresa medrar e situarse como un referente a nivel internacional”.

Ana Alonso, PP

Roberto Villar dende a Agrupación de Electores insistía en que o seu grupo sempre está de acordo en defender os postos de traballo pero que “ao tratarse dun tema no que o concello non ten competencia por sistema AER opta pola abstención”.

Roberto Villar, AER

Pechaba o BNG insistindo en que estes despedimentos serían o primeiro paso que podería preceder a despedimentos máis nmerosos “polo que é preciso que o Concello estea atento, ten que dar o callo e non permitir que esta empresa faga o que lle pete. Os traballadores e traballadoras teñen que ter o respaldo da administración”.

Xoán Carlos González, BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará