Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mazá volve reinar esta fin de semana na festa gastronómica de Negros

festa da mazá

Un ano máis, e xa van vinte e seis, a parroquia de Negros organiza esta cita gastronómica de exaltación da mazá. Logo de moitos días de traballo apañando as mazás doadas polos veciños nesta fin de semana vivirán os días grandes dunha celebración na que se poderán degustar numerosos pratos entre cuxos ingredientes sempre estará presente este froito, regados coa sidra elaborada na parroquia. Unha cita gastronómica que arrancará ás 20:00 horas do sábado e que vivirá a súa xornada grande o domingo con pregón a cargo de Marietta e Antonio barros, encargados tamén de poñer a música na verbena
Recollida xa a mazá a comisión de festas apura os últimos flocos para unha festa que rrancará ás oito da tarde do sábado coa apertura dos estands nos que se poderán degustar pratos como: empanada de bacallau con mazá, chourizo a sidra, costela con mazá e brochetas de peituga de polo onde non faltará tampouco o froito estrela. Os máis lambóns terán tamén a oportunidade de degustar diferentes sobremesas caseiras.
O domingo as casetas de degustación comezarán a servir a partir das 11:00 horas nunha xornada na que a música correrá a cargo dos grupos de gaitas Sons do Castro e o pregón correrá a cargo de Marietta e Atonio Barros, encargados tamén de poñer música á verbena que pechará a festa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará