Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior terá unha Semana Grande do 2 ao 7 de agosto

festa

O goberno local salienta que esta decisión supón dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza e dos barrios de Soutomaior, instaurando unha semana grande de festas coincidindo coa patrón da parroquia, San Salvador, que se celebra cada 6 de agosto. O Concello xa está en contacto cos barrios e coas comisións de festas para deseñar toda a programación que incluirá música, espectáculos e outras sorpresas.

As festas patronais de Soutomaior desenvolveranse entre o 2 e o 7 de agosto. Así o anunciou o alcalde Manu Lourenzo durante o transcurso do pleno ordinario celebrado o pasado venres. Durante a súa intervención sinalou que instaurar unha semana grande de festas en Soutomaior “era unha demanda histórica da veciñanza e dos barrios da parroquia que cumprimos neste primeiro ano de mandato”.

Neste sentido, xa se iniciaron os trámites necesarios para que “a primeira semana grande de Soutomaior, en agosto de 2024, sente un antes e un despois na historia parroquial do concello, con música, espectáculos e moitas sorpresas que iremos anunciando” e adiantou que xa está a traballar con todos os posibles implicados para “de maneira conxunta deseñar unha semana grande de festas que sexa inesquecible”.

Finalmente, Lourenzo puxo en valor que as dúas parroquias de Soutomaior (Arcade e Soutomaior) contarán cunha festa insignia e representativa. “Arcade conta coa Festa da Ostra, un festexo gastronómico de relevancia internacional que non só imos manter, senón que imos impulsar; e agora Soutomaior vai contar coa súa semana grande de festas, o que vai a axudar a dinamizar a parroquia de Soutomaior e a dotala de actividades, para disfrute da veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará