Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto “tributo” a Martín Códax no Multiúsos da Xunqueira

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O concerto Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax desenvolverase o xoves ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde, previa retirada das invitacións  a partir das 16:00 horas. Unha cita musical para todos os públicos enmarcada dentro das xornadas que organiza o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela e que arrancarán xa pola mañá na Illa de San Simón cun ciclo de charlas que levan por título “Ecos medievais: a voz e a arpa, testemuñas e transmisores da alma musical do pasado”.

O redondelán Alejo Amoedo, membro do Consello da Cultura Galega é o encargado de coordinar unhas xornadas que teñen un marcado carácter didáctico e que buscan dar a coñecer a cultura medieval dun xeito ameno e accesible a todos os públicos.

Neste sentido, durante a mañá do xoves todos os que se acheguen a Illa de San Simón, previa inscrición de balde na páxina www.consellodacultura.gal , poderán escoitar os relatorios de Gorka Rubiales, da Universidade de Salamanca; Paulina Ceremuzynska, cantante e musicóloga especializada na interpretación da música antiga, e Manuel Vilas, arpista especializado en música antiga, achegarannos á iconografía musical medieval, á voz das cantigas e aos diferentes aspectos relacionados con un dos instrumentos máis caros e prezados do universo musical dos séculos X-XIV: a arpa, sen esquecer a súa importante carga simbólica, que a relaciona coa figura do rei David. Unha xornada na que haberá unha parte teórica e práctica que facilitará aos asistentes comprender esa música e a iconografía do medievo.

Xa pola tarde Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, Redondela acolle a presentación e estrea absoluta das partituras para voz e piano de Catro visións contemporáneas sobre as cantigas de Martín Codax, unha publicación editada polo Consello da Cultura Galega e a Asociación Galega de Compositores o pasado mes de abril que reúne as versións de catro compositores actuais: María Mendoza, Mario Diz, Gloria Rodríguez Gil e Arsenio Keilin.

Unha estrea absoluta no Concello de Redondela que supón “crear patrimonio con repercusións no futuro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará