Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As investigacións para dar co autor do maltrato ao can de Cabeiro “están moi avanzadas”

can enteira

O Concelleiro de sostenibilidade, Roberto Villar  confía en que se localice aos propietarios do animal que o pasado luns aparecía dentro dunha bolsa nun colector do lixo en Cabeiro. “É cuestión de tempo, porque as investigacións por parte de Policía Local están moi avanzadas”. O animal, malia a súa avanzada idade –en torno aos 12 anos- atópase en bo estado no centro de acollida e protección da Deputación de Pontevedra (CAAN).

Roberto Villar manifestou a súa perplexidade ante un acto cruel sen paliativos “quen tira un can ao lixo é co obxectivo de que acabe morto” polo que se lle aplicarán diversos delitos. Abandono, maltrato e outras infraccións tamén sancionables como o feito de que o animal non contara co chip idetificativo. Asegura que as investigación van por bo camiño e confía en dar cos autores deste maltrato que afortunadamente non tivo consecuencias peores grazas a que os ladridos do can alertaron unha veciña que chamou a policía local e sacou ao animal do interior do contenedor.

Agora recupérase nas instalación de CAAN “o animal está en bo estado, foi atendido polos veterinarios da Deputación e agora recibe os coidados necesarios no centro de acollida de animais abandonados”.

Delito contemplado no Código Penal

O delito de maltrato, un dos delitos aos que se enfrontarían os autores deste acto, está contemplado no artigo 337 do Código Penal, no que se establecen penas de prisión de ata un ano.  A nova lei de Benestar animal establece tamén sancións que van de 10.000 a 50.000 euros por non ter chip.

Gatos abandonados

O edil de sostenibilidade quixo salientar tamén que avanzan a bo ritmo as adopcións de gatos abandonados e que, hoxe mesmo, Gali será entregada a unha familia responsable para o seu coidado. A gata fora rescatada cun alto grao de desnutrición e, unha vez recuperada, púxose en adopción. Nestes momentos hai xa dous novos gatos recuperados da rúa, un en Quintela e outro que previsiblemente fora atropelado e apareceu ferido no río.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará