O condutor do vehículo era un mozo de 30 anos da localidade portuguesa de Barcelos, quen unha vez detido negouse a facer as probas tanto de alcoholemia como de drogas polo que se enfronta a un delito contra a seguridade do tráfico. O coche tras serlle requisado quedou estacionado no depósito municipal. Tentaron lévalo do lugar quitándolle a roda que estaba inmobilizada co cepo.
Os feitos tiñan lugar na tarde do pasado sábado, nunha xornada de elevadas temperaturas e na que eran moitos os bañistas que se achegaron ao areal. Ao redor das sete da tarde atopáronse coa desagradable sorpresa dun vehículo circulando pola area polo que alertaron á Policía Local. A patrulla que se desprazou ata o lugar detivo o turismo tras intercéptalo cando tentaba fuxir pola zona do astaleiro.
O coche estaba ocupado por unha parella, a muller natural de Braga ía de copiloto mentres que o condutor era un home de 30 anos de Barcelos, quen se negou a realizar as correspondentes probas de alcohol e drogas polo que foi investigado e o vehículo foille intervido.
De feito, o turismo quedou no depósito municipal e horas despois comprobouse que intentaran lévalo para o cal lle sacaran a roda que estaba inmobilizada co cepo. Todo apunta a que os autores foron sorprendidos antes de que lograran rematar a faena e fuxiron.
O mozo enfróntase agora a un delito contra a seguridade do tráfico.