Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pais e Nais de Reboreda esixen o desdobramento dunha clase de primaria

cole reboreda

Entenden que o elevado número de alumnos na aula de segundo, xunto a circunstancia de que varios dos nenos precisan de atención especial xustifica que a clase se reparta en dúas aulas. Trasladaron esta petición a educación pero non descartan recorrer a mobilizacións no caso de que non se atendan as súas demandas.

A ratio de 25 alumnos por clase é o que marca que esta aula de segundo curso de educación primaria do CEIP de Reboreda estea dentro da legalidade, xa que ese é o máximo de alumnos que permite a lei. Con todo, tanto pais e nais como profesorado insisten en que as características particulares desta aula, con aló menos catro escolares con necesidades educativas especiais, recomendan que se faga un desdobramento en dúas clases. Entenden que ese sería o único xeito de que cada neno e nena teña a atención que merecen xa que unha das rapazas precisa coidadora e hai outros alumnos con transtorno do espectro autista (TEA) de déficit de atención e hiperactividade (TDAH) ou transtorno da linguaxe (TEL).

Manuel Gil Carreira é pai dunha das alumnas desta aula

Pais e nais agraceden esforzo que fai a profesora por atender a todos os nenos, pero insisten en que malia ese esforzo persoal “é moi complicado atender de forma individualizada aos que así o precisan nunha aula con estas características”.

Dende o Centro xa trasladaron a súa petición a Educación pero, polo de agora, non contan cunha resposta positiva a súa demanda que pasa “por separar aos nenos en dous grupos” e non descartan poñer en marcha outras medidas como a mobilización na rúa para que escoiten as súas demandas xa que se trata dunha “petición razonable e urxente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará