Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanxarina anima á veciñanza a participar este sábado nun proxecto de teatro e liberdade no Multiúsos

tanxarina

Proxecto liberdade é un encontro de creadores promovido dende o Centro Dramático galego e a participación da compañía de Títeres Tanxarina de Redondela e a Compañía Varazim Teatro de Povoa de Varzim. Un proxecto que nace co obxecto de crear un espectáculo de teatro para a súa estre en abril de 2024 co gallo da conmemoración dos 50 anos da Revolución dos Cravos. Este sábado convidan á veciñanza a achegarse ao auditorio para participar “como espectadores ou como participantes activos”.

A iniciativa arrancou hai xa uns meses en Portugal e celebra esta fin de semana en Redondela o seu segundo encontro. Durante tres días as dúas compañías –Tanxarina Títeres e Varazim teatro- traballarán conxuntamente no Multiúsos da Xunqueira e o sábado abriran ás portas á cidadanía para que participen nas actividades que se desenvolverán no auditorio durante todo o día. As persoas que o desexen poden achegarse en horario de mañá ás dez ou pola tarde a partir das 16:00 horas ben como espectadores ou como participantes activos “temos confirmada a participación de nove integrantes do grupo de teatro de Redondela pero confiamos en que se sumen máis veciños e veciñas”.

Tatán, Tanxarina Títeres

As actividades serán “guiadas” para que a xente poida participar nunha serie de exercicios enfocados a liberdade. Realizaranse tamén moitos xogos para promover o contacto das persoas participantes. En Povoa foron ao redor de 30 as persoas que se animaron a participar dunha proposta “integradora como é o teatro”.

Esta xornadas forma parte dun proxecto maior que busca crear un espectáculo que poida formar parte de todos eses actos que se celebrarán en Portugal en torno ao 25 de abril de 2024, 50 aniversario da revolución.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará