Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía imparte unha charla de seguridade para persoas maiores en Chapela

18/05/2017 Nota De Prensa.

La Policía Nacional ha dado un impulso al 'Plan Mayor Seguridad' en Manacor y ha impartido charlas para orientar y prevenir a las personas mayores de posibles hechos delictivos a los que se ven expuestos por ser más vulnerables.

POLITICA 
POLICÍA

A Asociacións de veciños da parroquia organiza esta actividade que terá lugar o xoves 19 ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Na charla abordaranse as principais tipoloxías delictivas que afectan ao colectivos de persoas maiores e achegaranse consellos para evitar este tipo de delitos.
Reducir ao mínimo posible os delitos cometidos contra as persoas maiores. Ese é o obxectivo da charla que baixo o nome “consellos de seguridade: roubos, timos e fraudes” o departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional impartirá este xoves en Chapela.
Ademais de abordar delitos habituais como poida ser un roubo na vivenda ou ser vítima dun engano, a crecente incidencia en delitos cometidos a través das novas tecnoloxías leva tamén a abordar esta cuestión. Así, daranse a coñecer os métodos que utilizan os delincuentes e seguidamente estableceranse pautas de como poñerlles freo, facilitando algunhas medidas de seguridade a adoptar e algúns consellos para operar de forma segura por internet, por exemplo, no caso de realizar algunha compra.
Por último, expoñeranse as utilidades e como descargar a aplicación de móbil gratuíta policial ALERTCOPS, onde se pode comunicar aos axentes policiais un feito delictivo mediante chamada ou mensaxe, unha ferramenta especialmente útil en caso de que unha persoa se atope desorientada ou perdida (Función Guardián).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará