Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela o musical dos 80´s e 90´s coas entradas esgotadas

musicla

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo 22 de outubro a primeira das actuacións programadas dentro do ciclo Humor na súa tinta. Unha programación que inclúe cinco espectáculos que arrancan esta mesma semana cun musical cargado de música pop dos anos 80 e 90. As entradas para esta cita están esgotadas, pero o público aínda ten a oportunidade de achegarse ás próximas funcións con “8 apellidos andaluces”, Beatriz Rico, First Comedy Date e Grison Beatbox.

O primeiro dos eventos do ciclo Humor na súa tinta é un musical que fará as delicias dos amantes da música e o pop español dos anos 80 e 90 con algún éxisto internacionais e as mellores cancións dos que eran mozos naquela altura.

Unha historia que parte do reencontro dos amigos do instituto 25 anos despois, reunidos na Movida do Bacallao para lembrar unha época que marcou a vida dos seus protagonistas.

Organizado pola produtora Pares o Nones, Quixote e o Concello de Redondela, esta actuación supón o punto de partida do ciclo Humor na súa tinta que ofrecerá o domingo 12 de novembro o espectáculo “8 apellidos andaluces”, con catro humoristas Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz, Abraham Martín e Jesús Piña, que dan vida a un esepctáculo onde a ironía e a improvisación son as protagonistas.

O monólogo “Pepa no me des tormento” é a proposta de Beatriz Rico que chegará ao multiusos o 17 de decembro.

Xa no 2024 o 14 de xaneiro a quenda será para First Comedy Date e o ciclo chegará ao seu remate o domingo 4 de febreiro con Grison, popular personaxe do programa de televisión La Resistencia.

O prezo das entradas é de 13,00€ mais gastos de xestión anticipadas e de 16,00€ na billeteira no propio multiusos. As entradas anticipadas pódense conseguir a través da web de woutick.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará