Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior renuncia a rehabilitar o Colexio da Oliveira “para non comprometer os recursos  municipais”

colexio oliveira

O goberno local explica que contan con varios informes técnicos que recomendan renunciar á subvención para rehabilitar o edificio debido a que “o anteproxecto deseñado polo anterior goberno presenta numerosas eivas que fan imposible rematar a obra nos prazos establecidos o que levaría a perder a subvención e poría en serio risco a estabilidade orzamentaria de Soutomaior”. O alcalde comprométese a elaborar un novo proxecto que sexa viable e se adapte ás circunstancias do colexio da Oliveira”.

A enxeñería ‘Cendón-Vázquez arquitectos SCP’, a arquitecta municipal, o asesor xurídico e a secretaria municipal veñen de emitir senllos informes técnicos nos que recomendan ao Concello de renunciar á subvención para rehabilitar o Colexio da Oliveira. Os escritos tamén recomendan reformular a actuación no edificio co obxectivo de presentar un proxecto serio e que responda ás necesidades da veciñanza e ás circunstancias do inmoble.

Os catro informes coinciden en que o anteproxecto deseñado polo anterior goberno non conta cos estándares mínimos como para garantir que a obra poida ser levada a cabo nos prazos establecidos. Neste sentido, as previsións orzamentarias deste anteproxecto están totalmente desfasadas e, de seguir adiante “o sobrecusto para o Concello podería ser como mínimo dun 20%, poñendo en serio risco a súa estabilidade económica”.

Ademais do “sobrecusto desproporcionado” da obra, os informes tamén reflicten a imposibilidade de rematar a obra a tempo para cumprir o período de concesión da subvención, que ten como data límite setembro de 2024. “O deficiente anteproxecto desenvolto polo anterior goberno fai imposible cumprir ese prazo xa que a licitación do proxecto por parte do anterior goberno quedou deserta ata en dúas ocasións” subliñou o concelleiro de obras, Pablo Garrido, que engadiu que “de seguir suporía un gasto sobredimensionado para Soutomaior que comprometería os orzamentos municipais”.

Pola súa parte, o alcalde Manu Lourenzo explicou que “o goberno de Soutomaior está xa a traballar nun novo proxecto para o Colexio da Oliveira serio e estruturado, que poida presentarse a futuras convocatorias de subvencións. Imos sacarlle o máximo proveito a todo o potencial do edificio e a súa contorna para que sexa un espazo de referencia en Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará