Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas persoas feridas nunha colisión en Quintela

quintela

O sinistro producíase ao redor das 8:30 horas da mañá de hoxe cando un dos condutores perdía o control do seu vehículo e acababa colidindo frontolateralmente contra outro que circulaba en dirección contraria. O condutor do primeiro vehículo foi trasladado en ambulancia medicalizada a un centro hospitalario con prognóstico reservado ,mentres que a condutora do outro turismo resultou ferida leve.

Axentes da Policía Local explican que o accidente produciuse logo de que o vehículo que ía cara a Porriño se saíra da vía colidindo primeiro contra unha casa e un galpón para regresar a estrada onde acabaría chocando contra outro turismo conducido por unha muller que se dirixía cara a Redondela.

O accidente tiña lugar nunha zona na que se teñen producido numerosos accidentes (N-550 á altura de Grúas Rivera), un tramo da estrada con carril de aceleracións e onde se suceden varias curvas.

A investigación está agora en mans de Tráfico quen se encargará de aclarar se o motivo do sinistro responde as malas condicións meteorolóxicas no momento do accidente, a unha velocidade non acorde coa vía ou a un despiste do condutor.

Árbores caídas

A profunda borrasca que nos acompaña de madrugada e durante as últimas horas deixa ademais numerosas árbores caídas e incidentes de carácter leve en diferentes puntos do concello. Así foi precisa a actuación do SEIS para retirar unha árbore na estrada a Pazos ao seu paso por Reboreda así como en San Vicente de Trasmañó, onde os fortes ventos e as chuvias derrubaban tamén unha árbore na parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará