Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela denuncia o “pasotismo” da Xunta coa figura de Meendinho

MENDIÑO

O Concello de Redondela denuncia o desinterese por parte da Xunta na reposición dunha placa dedicada a Meendinho que foi retirada da capela de San Simón e que, dende hai anos, permanece esquecida nun almacén. Malia que dende o goberno local instaron á Xunta a repoñer esta placa en varias ocasións “non obtivemos resposta algunha” e esixen que a mesma se restitúa ao seu lugar amosando o respecto que merece “un dos principais escritores da literatura galega”.

A Concelleira de Cultura, Rita Pérez explica que hai un ano solicitouse por rexistro a reposición da placa que o Concello de Redondela dedicara a un dos principais trobadores da lírica medieval galega: Meendinho. A placa foi posta no ano 1987 na entrada á capela de San Simón, onde aínda hoxe se ven os furados correspondentes. Unha placa que procuraba recuperar a memoria de Meendinho e resaltar a súa importancia en relación coa illa. Dende hai anos, tras unhas obras de renovación, a Xunta de Galicia retirouna e deixouna nunha sala ·esquecida” entre outras caixas.

Hai un mes o Concello volveu solicitar por rexistro a súa reposición sen que obtiveran resposta nin unha chamada para explicar este desleixo. A edil de Cultura afirma que “o desinterese da Xunta polo patrimonio da illa é constante. Á falta de sensibilidade en relación coa memoria dos presos, engádeselle o pasotismo por respectar a homenaxe que o pobo de Redondela deu a Meendinho no ano 1987”.

Deciden denunciar este feito que din “é un síntoma da deixadez pola memoria da illa” e esixen “que se repoña a placa e que se respecte a homenaxe que o noso pobo deu a un dos principais escritores da literatura galega”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará