Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os atletas do CAR retoman as protestas para reclamar a pista de atletismo

car alameda

Os adestramentos volverán ter lugar na Alameda de Castelao. O seu obxectivo é dar visibilidade a unha demanda que continúa sobre a mesa: a falta dunha instalacións axeitadas para a práctica desta modalidade deportiva.

O grupo de traballo formado por pais, nais e a directiva da Asociación deportiva CAR de Redondela explican que decidiron retomar novas medidas de presión ante a “pasividade amosada por parte dos dirixentes do concello tras as eleccións municipais”. Aseguran neste sentido que unha vez pasada a cita coas urnas “todas as promesas do goberno local quedaron no esquecemento”.

Engaden que logo de máis dun ano de reunións a día de hoxe todo está en punto morto e non hai ningún tipo de avance, polo que se ven na obriga de realizar os adestramentos na Alameda “porque as instalacións facilitados polo concello non son aptas para esta disciplina deportiva”.

Anuncian a súa intención de reunirse con outras administracións na procura de “solucións e axuda”.

Diferentes emprazamentos

Nun primeiro momento a intención do concello era construír estas instalacións no recinto do Illa de San Simón e chegou a comprometer unha partida de 150.000 euros para esta obra. Con todo, os membros do CAR rexeitaron esta ubicación por entender que o lugar non era o máis axeitado “ao estar nas instalacións dun centro educativo non se poderían usar en horario lectivo e ademais carece das medidas regulamentarias, non ten zona de saltos nin de lanzamentos. Carecería tamén de vestiarios e de almacén para material”.

Renunciábase así a esta proposta barallándose no último ano diferentes espazos para a súa ubicación sen que polo de agora se chegase a un acordo definitivo sobre o posible emprazamento da pista.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará