A muller, de 34 anos de idade, foi trasladada por un veciño ao PAC de Redondela onde foi atendida de lesións leves, cortes e queimaduras. A estufa era nova e tan só fora posta en funcionamento con anterioridade polos técnicos que a instalaran. Investíganse agora os motivo que puideron provocar a explosión.
As estufas de pellets son unha alternativa popular á hora de instalar un sistema de calefacción nas casas. Na última década estas estufas, que funcionan con biomasa, téñense popularizado enormemente pola súa sinxeleza á hora de seren instalalas nas vivendas así como por ser un sistema relativamente económico ante o encarecemento dos custes dos combustibles fósiles.
Un sistema a priori seguro que sorprendía con esta explosión que se producía ás 12:15 horas do sábado nunha vivenda en Saxamonde. Investíganse agora as causas que poderían estar detrás deste suceso que se saldaba cunha muller ferida leve segundo informan a Policía Local de Redondela.
Os axentes trasladáronse ao domicilio tras serén alertados polo 112 Galicia. Unha vez no lugar comprobaron que a vítima xa ía camiño do servizo de urxencias axudada por un veciño, presentando varios cortes e queimaduras de caracter leve.
No lugar dos feitos outra patrulla da Policía Local encargouse de ventilar a vivenda, que estaba chea de fume como consecuencia da explosión, persoandose posteriormente efectivos de Emerxencias Mos e Protección civil de Redondela.