Os feitos tiveron lugar preto das dúas da tarde do domingo cando o mozo, un repartidor de pizzas que circulaba pola N-550 á altura do Viso, colidiu contra un turismo quedando o motorista debaixo do vehículo, segundo informan dende o 112 Galicia.
Malia que o ferido estivo consciente en todo momento, os axentes da Policía Local, quen interviron no operativo xunto os Bombeiros do Baixo Miño e dos membros do GES de Mos, indicaron que presentaba diversas erosións. Unha vez liberado e estabilizado, e tras recibir os primeiros coidados por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.
Ao lugar tamén acudiron os voluntarios de Protección Civil de Redondela.