Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha lápida en galego para reivindicar o idioma “agora e sempre”

pazos homenaxe

A parroquia de Amoedo en Pazos de Borbén acolleu esta fin de semana unha homenaxe a dous veciños do lugar co gallo da conmemoración do Día da restauración da Memoria Lingüística de Galicia. A lápida de Marisol Míguez Martinez e Raúl Pereira Oya divulgadores da música e cantos tradicionais de Galicia, quen dedicaron toda a súa vida as cantigas galegas e o fortalecemento da lingua foi subtituída por outra en galego co obxecto de corrixir “unha grave anomalía como é o feito de que a súa lápida estivera en castelán”.

Un acto no que estivo presente o alcalde Luciano Otero, representantes da Asociación para a Normalización Lingúística de Galicia e o presidente da Organización Galega de Montes en Man Común, Xosé Alfredo Pereira así como veciños, familiares e persoas próximas aos dous homenaxeados.

Interviña tamén o párroco de Amoedo, Ventosela e Reboreda, Carlos “Saja” quen tomaba a palabra para falar dunha “lingua arrinconada ao longo dos séculos no ámbito xurídido, nas administracións públicas, no comercio ou mesmo no ámbito sanitario onde somos atendidos en rigoroso castelán” para denunciar a situación do idioma.

Con todo, o máis sorprendente era o chamamento que este párroco facía ao propio estamento do que fai parte: a Igrexa a quen acusou de “ter sido e seguir sendo un atranco no uso do galego nas nosas liturxias e os nosos rezos” cando “Deus entende todas as linguas”

Concluía afirmando que somentes cando teñamos asumido en todos os eidos da vida que o galego ”é o noso xeito de ollar o mundo e que a lingua debemos coidala para que non se perda co risco de perdérmonos con ela, só entón chegará a primavera permanente na nosa terra”.

Un acto emotivo no que houbo oco tamén para a música a cargo das cantareiras de Regodobargo, as Pandeiretas do Asociación folclórica O Carballo das Cen Pólas de Reboreda (unha das compoñentes é a neta dos homenaxeados.) e Mateo Vázquez Ares que estreou a súa composición para campás “Repenique da Galeguidade” mentres que Óscar Franco Barros intrerpetou música de zanfoña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará