Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A arte como ferramenta de inclusión

taller inclusión

A Fundación Filomena Rivero Alonso presenta unha actividade destinada a alumnado de Primaria dos centros educativos que xira arredor da diversidade partindo da arte, por ser esta unha ferramenta poderosa para abordar cuestións que transcenden as materias habituais da escola e que permiten “valorar a diferenza como algo positivos”. Os obradoiros, impartidos por Taller abierto, desenvolveranse nos colexios de Quintela, Santa Mariña e Cedeira e chegan acompañados dunha pequeña exposición itinerante.

O alumando de primaria dos centros públicos é o destinatario desta actividade que xira arredor da diversidade partindo da arte. Esta mostra busca chegar aos centros acompañada duns obradoiros que sirvan de presentación da mesma mediante unha reflexión sobre as diferenzas entre os seres humanos baseada na grande variedade de estilos artísticos que existen.

África Martínez e Ana Barreiro son as persoas encargadas de impartir esta actividades.

África Martínez, Taller Abierto

O traballo plástico servirá para tratar o tema da inclusión e pensar sobre a diferenza non como unha connotación negativa, senón como un elemento enriquecedor da vida das persoas. Con esta mostra e talleres, búscase entender a arte como espazo de expresión “ferramenta para activar itinerarios de inclusión e camiño para a transformación social” partindo ademais das obras de artistas tan recoñecibles como Leonardo Da Vinci, Picasso ou Modigliani e a súa forma de interpretar a figura feminina.

África Martínez lamenta que no curriculo educativo non se dea máis espazo á arte xa que “a expresión artística unha vía que permite ás persoas transcender barreiras e dificultades de diverso tipo (físicas, relacionais, comunicativas…) e comunicar socialmente situacións inxustas”.

Con estes obradoiros búscase posibilitar sobre todo que, a través da arte, o alumnado poida expresarse, continuar crecendo como persoas, transformar a súa situación e incidir na sociedade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará