Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Matilla: “O que se vive en Pazos co fútbol sala non é común”

Pazos Equipo

Alberto Matilla (arriba á dereita) cos xogadores e corpo técnico do SD Pazos

O adestrador do SD Pazos confesa que está a vivir unha experiencia moi boa á fonte do equipo de Terceira División. Logo de pasar por equios como o Leis ou o Beade, recoñece que o ambiente que se vive no pavillón de Pazos “é algo que non se ve noutros lugares”. Tras sete xornadas son 7º na táboa, pero aspiran a escalar posicións unha vez que xa recuperaron a varios xogadores lesionados.

O municipio de Pazos de Borbén non chega aos 3.000 habitantes, pero o seu pavillón municipal sempre presenta unha excelente entrada cando xoga o seu equipos. E iso é algo que agradece moito o SD Pazos e seu adestrador, Alberto Matilla. O técnico vigués, que se fixo cargo do equipo esta temporada tras pasar por clubs como o Leis Pontevedra ou o Beade, asegura que a afección ao fútbol sala que se viven en Pazos “non é algo común” nin tan sequera en vilas máis grandes ou cidades. E iso é algo que mesmo envexan os seus rivais cando chegan ao pavillón municipal.

Alberto Matilla, adestrador do SD Pazos de Terceira

A longa tradición do club e a gran base coa que contan fan do SD Pazos un referente deste deporte en Galicia. Por iso o equipo de Matilla aspira a estar “no máis alto da táboa que sexa posible”. Actualmente o equipo é 7º na táboa con 10 puntos logo de tres vitorias, tres derrotas e un empate. O técnico confía en mellorar os resultados nas próximas xornadas, logo de ter recuperado aos xogadores que viñan arrastrando lesións. A liga está moi igualada, pero o club confía en repetir nos postos que permiten disputar a fase de ascenso.

O técnico confía en escalar posicións na táboa agora que recuperaron a varios xogadores lesionados

A pasada xornada fixeron un bo partido en Lugo ante o Ribeira, onde empataron. Esta fin de semana recibirán na casa ao Korreo Guitiriz, 12º, que encadea 4 derrotas consecutivas nas últimas xornadas. Matilla asume o papel de favoritos para este encontro, pero advirte que o Guitiriz malia non ter sumado nas últimas xornadas é un equipo competitivo, que perdeu os encontros por unha escasa marxe.

O domingo ás 12.30 reciben no municipal de Pazos ao Guitiriz

O encontro xogarase o domingo ás 12.30, nun horario pouco habitual para o equipo de Pazos, pero esta circunstancia non evitará que o público asista ao pavillón municipal a arroupar ao combinado de Matilla.

Matilla agarde o apoio do público en Pazos, que nunca falla para animar e arroupar ao equipo

Na categoría de Preferente, o Redondela FS recibirá ao Valladares e o Chapela ao Pizarras Los tres cuñados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará