A Federación de Anpas continúa coas mobilizacións e convocan para este venres ás 20:00 horas unha concentración diante do Concello para esixir que se garanta o transporte escolar universal. Unha protesta que supón a segunda destas características en tan só un mes ante a falta de solucións a unha problemática que deixa sen praza de autobús e sen alternativa viable ao alumnado de infantil, bacherelato e ciclos. Alumnado que ao non cursar formación obrigatoria non teñen garantida unha praza no transporte escolar.
As Asociacións de pais e nais lebran que a rapazada de infantil, ciclos e bacharelato non dispón de transporte escolar para que poidan acudir puntualmente os seus centros e voltar as súas casas. Unhas carencias que tampouco poden suplir recorrendo ao transporte interparroquias xa que non existen autobuses que garantan o seu desprazamento aos centros educativos no horario que precisan.
Ante esta situación a Federación de Anpas reivindica que se mude a normativa garantindo que todo o alumnado, sexa de infantil, bacherelato ou FP conten con praza no trasnporte escolar e que, mentres non cambie, dende o concello dean unha solución a esta problemática.
Lembran que en Redondela, exceptuando Chapela, os institutos sitúanse no centro da Vila, o que obriga a que todos os estudantes se teñan que desprazar ao centro ao rematar a etapa de primaria. Estes nenos e nenas teñen transporte escolar na etapa da ESO pero ao chegar a etapa de Bacharelato ou ciclos se atopan nunha situación na cal non dispoñen nin de transporte escolar nin de opcións de transporte público polas deficiencias do mesmo no noso Concello.