O goberno local reclama á Xunta de Galicia que dea unha solución á falta de prazas do alumnado de Infantil, Bacharelato e FP das distintas parroquias “que non contan con trasporte público para trasladarse aos centros educativos de Redondela”. Mentres dende o PP valoran como solución “máis factible, inmediata e que mellor se adapta para resolver este problema” a posta en marcha un plan de transporte público interparroquial no concello a través da sinatura dun convenio co goberno galego polo que instan a alcaldesa a xestionar este Plan.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, mantiveron hoxe unha reunión en Pontevedra co responsable provincial de Ensino, César Pérez Ares, e o director xeral de Mobilidade da Xunta, Ignacio Maestro Saavedra para trasladarlles as necesidades dos centros de ensino público de Redondela, abordando como tema prioritario as deficiencias do transporte escolar co obxectivo de que a Xunta dea unha solución á falta de prazas do alumnado.
Os responsables municipais demandan tamén o desdobre dun aula de Primaria do CEIP Reboreda coa ratio máxima e varios alumnos teñen necesidades educativas especiais e na xuntanza estaba previsto analizar cal é o estado actual dos colexios “xa que moitos debido á súa antigüidade presentan danos estruturais que van máis aló de simples reparacións de mantemento”.
Transporte Interparroquial
Mentres, dende o PP proopoñen como solución a falta de prazas no transporte escolar a posta en marcha dun Plan marcha dun Plan de Transporte Público Municipal Interparroquial a través dun Servizo de Interese Municipal (SIMU) en convenio coa Xunta de Galicia. Javier Bas indicou que “é a solución máis factible, inmediata e que mellor se adapta para resolver os problemas que ten o transporte” e esixen ao goberno local que resolva “de maneira urxente os problemas de mobilidade que sofren as veciñas e veciños das nosas parroquias”.
Lembran ademais que este convenio “permitiría gozar dos beneficios da Tarxeta de Transporte Metropolitano cun menor custe e con gratuidade nos transbordos ademais de ser de uso gratuíto entre a mocidade”.