Foto: Patri Rivas
Os equipos masculino e feminino da SAR brindáronlle á afección da bomboneira dúas vitorias nesta fin de semana que permite ás de Vero Posada situarse na quinta praza na División de Honra Prata Feminina, mentres que a Sar Plastic Omnium consolídase como lider na primeira autonómica.
División de Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 37-30 Camargo
Un encontro que non comezou ben, co equipo local con dificultades para entrar no partido chegando ao minuto 21 cun resultado que parecía difícil de remontar (9-17). Con todo, foron quen as de Vero Posada de reaccionar o que lles permitiu ir dando pasos no partido chegando xa ao descanso cun empate a 17 tantos. Tras pasar por vestiarios a SAR regresou moito máis centrada ata chegar a vitoria final de 37-30.
Situadas na quinta praza da categoría na vindeira semana volven xogar na casa. Reciben ao equipo Fuentes Carrionas, novenas do grupo
Primeira autonómica
Sar Plastic Omnium 29-27 Mecalia Atlético Guardés
A SAR segue líder da categoría tras sumar esta pasada semana dúas vitorias consecutivas. Se o mércores se impuñan ao Rasoeiro aproveitando o festivo para recuperar o partido de primeira xornada que fora aprazado, o conxunto de Manolo volvía sumar unha nova vitoria o sábado nesta ocasión ante o Atlético Guardés, consolidándose así na primeira praza do grupo.
Unha posición que deberán defender na próxima semana ante un rival directo, o Magope Seis do Nadal, terceiros da categoría.
BM Chapela 27-32 Magope Seis do Nadal
Peor lle van as cousas ao balonmán Chapela. O equipo caída ante o Magope por 27-32. Na vindeira fin de semana tentarán remontar posición ante o Luceros B, outro equipo moi necesitado de puntos, situado tan so dúas posición por riba dos de Chapela.