Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana sen vitorias no fútbol sala local

futbol sala pazos

Tres partidos na casa que se saldaron con dúas derrotas e un empate. Tan só o Redondela logrou sumar no partido disputado no pavillón da Marisma ante o Valadares e que rematou cun empate a cinco tantos, mentres que tanto o Pazos como o Campito caían nas súas respectivas citas ligueiras.

Pazos FS 2-3 San Xoán de Guitiriz

Na terceira división hai que lamentar a derrota do Pazos FS ante o ADC San Xoán de Guitiriz. Os de Matilla caeron 2-3 ante un equipo lucense que chegou a Pazos coas ideas moi claras e que conseguiu levarse os tres puntos.

Malia que os locais gozaron de numerosas oportunidades o porteiro visitante impediu que o balón rebasara a meta contraria. Chegábase aos últimos minutos cun empate a dous tantos no marcador, pero unha a segundos do final fixo que chegara o 2-3 definitivo. O Pazos sitúase agora na novena praza da categoría e visitan na vindeira semana o campo do Cidade de Narón, situado na cuarta posición da táboa.

Preferente

Redondela FS 5-5 Valladares

Si sumou o Redondela FS no partido disputado no pavillón da Marisma. Un encontro con moitos tantos que remataba cun empate a cinco. Situados na quinta praza do grupo, na vindeira fin de semana desprázanse ao campo do Escola Futsal Morrazo, décimos da categoría.

Campito 3-5 Pizarras los tres cuñados

Tamén xogarán fóra da casa os xogadores do Campito Chapela que seguen sen sumar tras caeren derrotados ante o Pizarras Los tres cuñados por 3-5. Relegados a última praza da categoría a próxima cita ligueira lévaos ao campo do Poio Pescamar, sétimos do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará