Ribadumia 0-3 Choco
O Choco amosou unha defensa impenetrable e logrou unha vitoria que chegaba tras o empate co líder tan só uns días antes. Os de Tizón teñen de cara a vindeira fin de semana outra cita complicada na Preferente, reciben en Santa Mariña ao cuarto do grupo, o Areas.
Os redondeláns levaron o peso do partido, pero chegaríase ao descanso cun empate a ceros no marcador. Sería na segunda parte cando os choqueiros farían valer a súa presión no campo e aos 48 minutos do partido Capelo metería o primeiro tanto do encontro. O Ribadumia tentou sobrepoñerse pero non foi quen de superar a portería dos redondeláns.
Xa no tramo final, unha acción por banda de Pardavila serviría para establecer o 0-2 e, só dous minutos despois, un novo erro nos locais permitiu a Campelo sentenciar o partido co definitivo 0-3.
Os De Tizón, que parecían aboados ao empate, reatopáronse así coas vitorias e xogarán na vindeira semana en Santa Mariña. Na sétima praza do grupo, reciben ao Areas.
División de honra xuvenil
O Choco logra o empate co lider do grupo, o Celta
Choco 1-1 Celta
O Celta xuvenil non foi quen de facerse coa vitoria en Santa Mariña, malia chegar como favoritos ao liderar a categoría en solitario.
O excéltico Edu González Ricón adiantaría aos redondeláns aos catro minutos de xogo, se ben o Celta non tardou en reaccionar e marcaría aos 17 minutos o tanto definitivo que deixaría o 1-1 nun marcador que xa non se volveu mover.
O Choco sitúase na sexta praza da categoría e terá novamente outra cita complicada na vindeira semana, cando visitan o campo do terceiro, o Racing.
Primeira autonómica
Tyde 1-0 Arcade
Segunda autonómica
Cesantes 1-2 Figueirido
Sanxenxo 2-2 Soutomaior