Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Duascentas persoas protestan en Redondela ao berro de “Palestina, vencerá!”

mani palestina jpg

Foto: Fon Conde

A convocatoria do colectivo Sinha Paca reunía na tarde noite de onte unhas duascentas persoas que reivindicaron o fin dos ataques israelís contra o pobo palestino na Franxa de gaza. Unha concentración que se repetía en numerosas vilas e cidade galegas cando se cumpre un mes dunha guerra na que as cifras falan de 10.000 palestinos asasinados, a metade deles nenos, e que serven non só para amosar o apoio da cidadanía ao pobo palestino senón tamén para reivindicar que a comunidade internacional deixe de ver cara outro lado e actúe para poñer fin a masacre.
Logo de catro semanas de bombardeos indiscriminados na Franxa de Gaza, a cidadanía volvía saír á rúa ante unha guerra que lonxe de esmorecer continúa sumando mortos. “Saímos á rúa porque nos doe Palestina e porque nos negamos a recoñer a barbarie. Saímos á rúa para denunciar a complicidade dos nosos gobernos co Estado de Israel, tanto do goberno español, como o goberno da Xunta e o da Unión Europea”.

Criticaron os manifestantes a “impunidade do sionismo, que leva incumprindo reiteradamente as resolucións da ONU sen consecuencia algunha, unha infame permisividade que ten que acabar”. Referencias tamén a nefasta proposta española que fala de adiar as conversas a dentro de seis meses e denuncian que o goberno español non teña nin recoñecido o estado palestino nin tampouco rachado relacións con Israel expulsando ao seu embaixador.

Un manifesto no que se fixo tamén un chamamento á cidadanía para que actúe non só acudindo a este tipo de concentración senón tamén no seu día a día “boicoteando os productos israelitas así como a esas empresas que colaboran abertamente coa ocupación”.

Remataba o manifesto afirmando que “é responsabilidade nosa estar en contra das políticas de exterminio que sosteñen o estado de Israel e actuar contra o xenocidio berrando alto e forte “Palestina vencerá!”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará