O obxectivo desta campaña é recoller 350.000 kilos de alimentos non perecedoiros que servirá para atender as necesidades dunhas 20.000 persoas en toda a provincia. A iniciativa estará presente en catro supermercados de Redondela e dende o Banco de Alimentos fan un chamamento á veciñanza a que participen como voluntarios. As persoas interesadas en colaborar poden darse de alta a través da web: www.bancoalimentosvigo.org
A situación económica, con prezos disparados nos supermercados e cunha inflación a alza que afecta a toda a cidadanía leva a incrementar o chamamento para que todos os que poidan, na medida das súas posibilidades, participen desta campaña que ten como obxectivo de recoller 350.000 kilos de alimentos que serán doados a unhas 20.000 persoas que o necesitan en toda a provincia “persoas vulnerables que carecen do máis básico” tal e como nos explicaba a responsablede comunicación do Banco de Alimentos, Ruth Villar.
Unha campaña de recollida que se desenvolverá en preto de 125 establecementos comerciais de toda a provincia e na que está previsto que participen 1800 voluntarios. No caso de Redondela precísanse un total de cen persoas “unha marea azul que, cos seus petos identificativos, facilitarán as doazón físicas e informarán aos clientes das achegas económicas que se poden facer en caixa”. Unhas persoas voluntarias imprescindibles que só precisan de contar con catro horas libres para poderen participar da iniciativa
Galletas, leite, cacao, pasta, arroz… alimentos non perecedoiros que servirá para cubrir as necesidades máis básicas na alimentación das familias beneficiarias pero tamén conservas de carne, peixe ou botos de legumes xa cociñadas “hai que pensar que moita xente tamén sofre a pobreza enerxética e non poden dispoñer dunha cociña na que preparar eses alimentos”
En Redondela son un total de catro os supermercados que participan pero a iniciativa abarca tamén os concello de Vigo, Porriño, Mos, Baiona, Gondomar, Nigrán, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Pontevedra, Poio, Marín, Arcade, Lalín, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados. Malia que se prevé recoller uns 350.000 kilos –igualando a cifra do anos pasado- lembran que “estes alimentos tan so cubrirán as necesidades ata a primavera do 2024”.