Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cantatorrella presenta o videoclip “Preludio”, un tributo a Redondela

cantatorrella

Foto: Marcos Canosa

Un audiovisual que conta coa colaboración do Concello e que está cargado de homenaxes ás tradicións locais. Os cabezudos, as Burras e as penlas, a danza das espadas, Benito e a Coca… todos eses elementos están presentes nun videoclip que se poderá ver o vindeiro domingo 19 en dous pases. Ás doce do mediodía no Multiúsos da Xunqueira e xa pola tarde no marco do magosto que se vai desenvolver na Alameda Castelao.

Fon Conde, Cantatorrella

O grupo redondelán, que botara andar hai tan só uns meses, ten xa a punto o que é o seu primeiro videoclip. Unha teima dun dos compoñentes do grupo, Antonio Vidal “Pelu”, á que se apuntaron o resto dos integrantes que viron neste produto un xeito de darse a coñecer promovendo tamén eses elementos máis característicos de Redondela como poida ser a Coca ou a Danza das Espadas e as penlas.

“Estamos moi satisfeitos co resultado”, produto de sacar de contexto as nosas tradicións e acompañalas da música de Cantatorrella o que deu como resultado “un vídeo cheo de retranca coa presenza das personaxes e as imaxes icónica de Redondela xunto a letra cargada de humor que caracteriza ao grupo”.

Pelu Vidal, Cantatorrella

Baixo a dirección do propio Vidal e coa colaboración de Thomas Schwartz López que exerceu de cámara, director de fotografía e montador o vídeo está xa a piques de publicarse.

Preludio
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará