Atios 1-2 CD Choco
O Atios caeu derrotado no partido disputado esta domingo ante o Choco. O equipo local, que dominou o partido na primeira metade do encontro, non soubo manter a vantaxe nun choque no que se enfrontaban dous equipos situados a moi pouca distancia na táboa.
Na primeira parte o Atios lograba adiantarse no marcador cun tanto de Manu Vilán. Con todo, as cousas mudarían tras pasar por vestiarios. Os de Tizón deron un paso adiante presionando en medio campo o que se traduciu no empate cun gol de Adrián no minuto 52. Xa no tramo final do partido sería Capello quen marcaría o segundo tanto choqueiro e asinando o marcador final de 1-2
O Choco prepárase agora para a próxima cita, será en Santa Mariña onde reciben na vindeira semana ao segundo da táboa, o Valadares.
- Primeira autonómica
Atletico Cuntis 2-1 Arcade
O Arcade sitúase na decimoterceira posición tras caer na súa visita ao campo do Cuntis. Xoga na vindeira semana co sexto da primeira autonómica, o Castrelos.
- Segunda Galicia
Os dous equipos que militan nesta categoría pecharon a fin de semana cun reparto de puntos
Cesantes 2-2 Zacande
Situación complicada para o Cesantes, actualmente equipo situado na última praza do grupo. A vindeira cita ligueira vainos levar ao campo do Campañó, outro equipo moi necesitado de puntos, situados na terceira praza pola cola.
A Lama 2-2 Soutomaior
Mellor lle van as cousas aos xogadores do Soutomaior. Son quintos e na vindeira semana teñen unha cita na casa. Reciben ao Monteporreiro.