Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alumnado de Redondela reclama no pleno infantil melloras na seguridade viaria e na atención á saúde mental

pleno

O Concello celebrou co gallo do Día Internacional da Infancia un pleno infantil no que estaban presentes alumnos e alumnas dun total de once centros educativos de Redondela. Na sesión escoitáronse as súas demandas centradas principalmente na necesidade de incrementar a atención psicolóxica e a seguridade viaria. Rematado o pleno protagonizaron unha concentración á entrada do Multiúsos.
A sesión infantil celebrouse en horario de mañá e ademais dos escolares participaron a propia alcaldesa Digna Rivas, a concelleira de Infancia, Pilar Martínez, e representantes de todos os grupos políticos da corporación.
O alumnado, procedente do CEIP Alexandre Bóveda, Quintela, Igrexa, Porto Cabeiro, Reboreda, CEP Santa Mariña, Colexio Vigo e os IES Chapela, Illa de San Simón, Pedro Floriani e Mendiño trasladaron aos representantes políticos as súas peticións centradas na necesidade de mellorar a saúde mental dos máis pequenos, con atención psicolóxica nos centros de ensino e persoal de apoio para facilitar a integración de todo o alumnado,así como incrementar a atención de aqueles rapaces que presentan necesidades educativas especiais.
Outra das súas reivindicacións centrouse na seguridade viaria, trasladando aos responsables municipais a necesidade de instalar beirarrúas nas zonas onde non existen así como incrementar o o alumeado onde é necesario. A concellería de Infancia comprometeuse a trasladar todas estas peticións ás administracións competentes.
A alcaldesa, Digna Rivas, que presidiu o pleno, salientou a importancia desta sesión plenaria celebrado co gallo do Día Internacional da Infancia que se conmemora o día 20 de novembro para dar vos aos propios nenos e nenas “que poden así exponer as súas necesidades, reivindicacións e inquedanzas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará