Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación afectivo sexual para educar en igualdade

Charla IES 1

Máis de 700 alumnos de ESO, FP e Bacharelato dos centros de Redondela participan nas charlas formativas ao longo desta semana para falar de afectividade e sexualidade desde unha perspectiva de xénero para adolescentes. As charlas está impartidas pola educadora social e axente de igualdade Lucía Pereda, e rematará cunha última charla orientada ás familias na que se abordará a realidade actual sobre o consumo de pornografía por parte de nenos e adolescentes. A educadora Lucía Pereda ofrecerá estratexias para abordar este tema cos fillos e fillas e previr actitudes e condutas violentas a derivadas do consumo de pornografía.

Baixo o título “Falemos de sexo. Afectividade, sexualidade e pornografía”, as sesións realízanse desde unha perspectiva de xénero para adolescentes. Nestas xornadas participan un total de 768 alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos dos catro institutos do municipio.

A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, sinala que o obxectivo destas charlas é “formar ao alumnado en educación afectivo-sexual, desmitificar a pornografía e reflexionar sobre as emocións vinculadas ao desexo e á sexualidade”. As sesións son interactivas, participativas e dinámicas, favorecendo o intercambio de ideas. O alumnado conta cunha na charla cunha aplicación móbil onde, de xeito anónimo, dá a súas impresións sobre temas de sexualidade, pornografía, ou o que entenden por feminismo e machismo.

A educadora Lucía Pereda explica que “a presión que se vive na rapazada pola hipersexualización que se fai das mozas nos medios, as esixencias aos rapaces de demostrar a súa virilidade e o acceso á pornografía desde idades moi temperás, son factores que inflúen directamente no desenvolvemento da sexualidade das e dos adolescentes”. Por estes motivos desde o Concello de Redondela entenden que este tipo de charlas formativas “son moi necesarias para a mocidade”, recalca a alcaldesa.

O venres día 1 de decembro será a quenda para os pais, nais e titores de nenos e adolescentes. Na charla ofrecerase aos asistentes “estratexias e habilidades para abordar este tema cos fillos e fillas, e tamén ferramentas para previr actitudes e conductas violentas a derivadas do consumo de pornografía”. Será unha sesións s activa, participativa e dinámica, favorecendo o intercambio de ideas. A cita é o venres 1 de decembro no auditorio da Xunqueira ás 19.00 horas con entrada libre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará