Logo de dous meses recollendo sinaturas nos soportais do Concello, Carmen Lobato entregaba esta semana no rexistro municipal as 3.176 sinaturas que serán entregas na Xunta de Galicia co obxecto de reclamar a construción de vivendas de aluguer social que permitan o acceso a unha vivenda tamén ás rendas baixas.
“A falta de vivenda a prezos económicos é un grave problema social”, así o afirma a promotora desta iniciativa, quen sofre este problema en primeira persoa. Con todo insiste en que “o que busco non é un beneficio particular, busco unha saía a un problema que afecta a moitas persoas que carecen de medios económicos para poder pagar os prezos actuais”.
Mensualidades que se sitúan por riba dos 500 euros e que non todos os petos poden afrontar. Por este motivo foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron a esa mesa instalada nas últimas semanas nos soportais e que lle amosaron o seu apoio “xente nova, maiores, mullere con fillos, recibín apoio de todo tipo de persoas que son conscientes de que a falta de vivenda é un problema grave”.
Unha vez trasladadas estas máis de tres mil sinaturas á Xunta de Galicia, Lobato espera recibir unha contestación as súa demandas.