Vilalba 4-7 Pazos
Vitoria importantísima do primeiro equipo na súa visita ao Grupo Forma-t Vilalba F.S. “B”. Explican dende o club que o equipo viaxaba consciente da importancia do choque “pois a igualdade da competición empeza a deixar unha clasificación moi apertada”.
En fronte os de Matilla atoparon un combinado con xogadores prometedores e veteranos que lles complicaron o partido, pero foron quen de controlar os tempos para traerse tres merecidos puntos tras un 4-7 que pode parecer algo avultado.
Para a semana reciben ao ED Vigo2015 situados tres postos por riba na clasificación.
Preferente
CVC Valladares 1 – 6 Campito Chapela
Na preferente non xogou o Redondela FS, pero si o fixo o Caapito Chapela que logrou unha avultada vitoria nun partido que a priori parecía complicado. Choque entre o que era o último clasificado e o segundo, o Valadares. Con todo, os de Chapela crecéronse e lograron traerse os tres puntos en xogo mellorando así a súa situación que, malia todo, segue a ser complicada. Son terceiros pola cola e na vindeira semana xogan na casa. Reciben ao Escola Futsal Morrazo, mentres que o Redondela recibe ao Cesures.