Choco 1-1 Valadares
Emocionante encontro da Preferente o vivido en Santa Mariña este domingo entre dous equipos que perseguían a súa cuarta vitoria consecutiva. Con todo, non puido ser e os dous tiveron que contentarse cun empate que lles permite manterse nos postos altos da táboa, cos de Redondela na quinta praza e o equipo visitante na terceira.
O partido estivo marcado pola igualdade de ambos conxuntos que se foron ao descanso sen inaugurar o marcador. Xa na segunda parte sería o xogador choqueiro, Capello quen asinou o 1-0 cinco minutos despois de reanudarse o partido. Habería que esperar ao minuto 83 cando Miguel igualaría o partido tras sinalar o árbitro un penalti.
O marcador non volvería moverse deixando o definitivo 1-1 ao remate do encontro. Na vindeira semana o Choco desprázase ao campo do Arnoia (13).
Nova vitoria do Choco na División de honra xuvenil
Choco 2-1 Coruxo
Vitoria pola mínima que lles da folgo para enfrontarse na próxima cita contra un dos equipos fortes da categoría, xogará no campo do Deportivo, terceiros na clasificación.
Primeira autonómica
Arcade 2-1 Castrelos
O Arcade sitúase na decimosegunda posición tras vencer por 2-1 aos xogadores do Castrelos. Na vindeira semana teñen unha cita complicada, visitan o campo do terceiro, o San Martín.
Segunda Galicia
Campañó 4-0 Cesantes
O equipo de Cesantes non levanta cabeza e caía cun contundente 4-0 na súa visita ao campo do Campañó. Na vindeira semana reciben ao Bueu.
Soutomaior 1-1 Monteporreiro
Mellor lle van as cousas aos xogadores do Soutomaior que con todo tiveron que contentarse cun reparto de puntos tras empatar co Monteporreiro. Son oitavos e na vindeira semana xogan no campo dun rival difícil, o Unión Dena, situados na segunda praza do grupo.