Wofco comunicou ao Concello que a intención da empresa é dedicar a planta a unha nova actividade de almacén frigorífico e procesado de produtos do mar conxelados, pero a día de hoxe “non presentou aínda esa solicitude para o cambio de actividade”, confirma a alcaldesa Digna Rivas. Por outra banda, a Consellería de Medio ambiente está a tramitar a extinción da Autorización Ambiental Integrada da que era titular Aucosa.
Redondela informa que a multinacional Worldwide Fishind Company S.L. (Wofco) non ten solicitado polo de agora o cambio de actividade na antiga planta de Aucosa, situada en Cabanas. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a primeira información oficial por parte da empresa chegou ao Concello en decembro de 2022, dando conta da compra da factoría de Punta Chapelisa e solicitando o cambio de titularidade. Wofco confirmou ao concello a súa intención de empregar estas instalación a unha nova actividade, destinada a almacén frigorífico e procesado de produtos do mar conxelados. Con todo, a día de hoxe a empresa aínda non presentou aínda esa solicitude de cambio de uso.
En canto á AAI da que era titular Aucosa (Autorización Ambiental Integrada), á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático está a tramitar a súa extinción. Segundo información recibida polo Concello de Redondela desde a Xunta de Galicia esa tramitación está pendente da verificación ambiental por parte do inspector da Consellería de Medio Ambiente.