Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abel Caballero acompaña a Digna Rivas no acendido das luces de Nadal en Redondela

Nadal Caballero-Rivas

Centos de persoas asistiron ao acendido das luces que tiña lugar ás 20:00 horas de hoxe na praza do Concello. O acto, precedido pola actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, tivo como sorpresa a presenza do alcalde vigués, quen se subiu ao escenario acompañado da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas no acto de inauguración do programa de Nadal que seguirá este domingo en Chapela co prendido das luces na Alameda Rosalia de Castro.

Fiel ao seu papel Caballero non dubidou en afirmar “se eu son o mellor alcalde do mundo, Digna Rivas é a mellor alcaldesa”. Entre os asistentes había quen se preguntaba se era un imitador para convencerse de que non, o alcalde vigués, que nos últimos anos se ten convertido no gran defensor e promotor deste evento navideño estaba en Redondela para asistir ao acendido das luces. Facendo a conta atrás e ao berro de “Viva o Nadal!” e Viva Redondela!” deu paso ao acendido da decoración tanto na casa do Concello como nas rúas do centro da vila.

En total 895.000 luces led repartidas en 200 arcos de luz e 600 elementos decorativos que se estenden polas parroquias do municipio e que na xornada de mañá tamén iluminarán a parroquia de Chapela. Neste caso o prendido está previsto para as 19:45 horas na Alameda Rosalía De Castro con actividades que arrancará as 17.00 horas no Multiúsos do Piñeiral con Teatro ao Cubo quen representará o espectáculo Ghop!!. A música chegará da man de Paco Nogueiras ás 18.00 horas co seu último traballo “C@nto contigo” e ás 19.00 o espectáculo Aves do Paraíso de Barafunda e a Coca Simona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará