Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anxo Vidal subcampión do mundo de kickboxing en light contact

Captura de pantalla 2023-12-05 133326

Albufeira (Portugal) acolleu o pasado novembro o Campionato do Mundo de kickboxing da categoría absoluta. Participaron 1.670 deportistas de 70 países. Anxo Vidal, do club de Kickboxin de Arcade, conseguiu traer á casa as medallas de prata e bronce nas categorías de light contact e kikck light, respectivamente. O pontevedrés atópase entre os 5 mellores do no rankin mundial de menos de 57 quilos.

Debutou na categoría sénior fai so dous anos e xa logrou títulos como o de subcampión de Europa no campionato celebrado en Turquía. Conta xa cun extenso palmarés que se remonta o seu inicio en categorías inferiores e que continúa con triunfos como a medalla de ouro no Mundial de Savate 2021, a de bronce na categoría absoluta do prestixioso torneo Turkish World Cup de Kick boxing, así como dous ouros contra Gales e Noruega no campionato Top Ten de kick boxing 2022 e conseguir ser o campión de España na modalidade Kick Light (-57 kilos). Está conseguindo resultados moi bos, en kicki light sitúase no naking un por puntos e en light contac no 3 por puntos. O seu obxectivo agora é rematar en primeira posición.

No Campionato Europeo quedou ás portas do ouro en ligh contact contra Bulgaria, país co que chegou tamén á final do mundial. O deportista búlgaro, Kiril Iliev,  sácalle anos de experiencia ao redondelán pero este non perde esperanzas ao saber que están a moi poucos puntos de distancia e con confianza asegura “poder ganar a Iliev no seguinte europeo”.

Forma parte da Selección Española, sendo un dos máis novos desta e tivo a oportunidade de representar á selección no mundial, algo que considera un orgullo por poder enfrontarse a deportistas de élite que ”ve pola televisión e agora son rivais e compañeiros”. Vidal conta con alegría as experiencias vividas con xente de tantas partes do mundo, sobre todo por sentirse valorado. “O adestrador de Italia achegouse a min para felicitarme como bo deportista e boa persoa, cando o meu rival nese momento era o seu fillo”.

Anxo Vidal leva dende os 4 anos no club de Arcade e sempre que pode saca tempo para adestrar nas súas instalacións onde “sinte que realmente mellora”, porque o estilo é moi dinámico e danlle moita importancia a canteira. Unha das cousas que considera a chave do éxito para calquera deportista é “sentirte arroupado dende pequeno e facer do deporte algo divertido”, como sempre fixeron os seus adestradores.

A seguinte cita no seu calendario é o Campionato Galego e espera con ganas a nova tempada para demostrar todo o seu potencial e ambición como deportista. Os seus obxectivos son claros, pasar de ser subcampión do mundo a campión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará