Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Vilas: “A música tradicional forma parte do noso ADN”

alberto vilas

O compositor, pianista e profesor redondelán, Alberto Vilas presenta este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos o seu último traballo “Once cancións e unha danza”. Con entradas practicamente esgotadas, o público atoparase cun proxecto diferente aos seus anteriores traballos porque non se trata de pezas completamente novas, senon baseadas na música popular. Adianta que haberá algunha sorpresa sobre o escenario.

Entrevista a Alberto Vilar

O proxecto naceu co tema “A canción de Xan Carallás” hai xa cinco anos. Con todo, pasaría un tempo ata que decide abordar un novo tema, unha canción tan da nosa vila como é “A danza das espadas”, a partir de aí o proxecto foi evolucionando moi lentamente, recuperando temas que teñen en común o feito de formar parte da cultura popular e ser temas tamén “fundamentais na vida persoal de cada un e aos que moitas veces non lle damos todo o valor que teñen”.

Vilas explica que chegar a esta música foi algo natural “logo de comprender a importancia que a música tradicional ten na nosa historia persoal, que é unha riqueza tremenda que forma parte do noso ADN e sentir que tiña unha débeda con ela”. Non son meras versións son temas aos que Vilas lles fai unha introdución, interludios, partes novas… hai un traballo de composición e de creación, sempre dende o máximo respecto, sobre temas que xa existían

O disco está cheo de títulos tan populares como A Rianxeira, A saia da Carolina, o Miudiño, Catro vellos mariñeiros… unhas cancións cunha “forza melódica moi potente” aos que Vilas lles da unha nova vida confiando en que o público que encherá este sábado o Multiúsos aprecie  un traballo que “terá unha segunda parte con moitas novidades” .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará