Foto: Protección Civil Redondela
Unha pequena explosión e un posterior incendio orixinado nun cadro eléctrico obrigaba na tarde noite do sábado a desaloxar aos veciños dun edificio no Camiño Leitón en Chapela. Na extinción do lume interviron axentes da Policía Local e Protección Civil de Redondela así como Bombeiros de Vigo. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais malia que o espazo no que se atopaba o cadro da electricidade quedou completamente calcinado.
Explican os axentes que o lume orixinouse tras unha pequena explosión que provocou que o cadro eléctrico ardera por completo. Os Bombeiros procederon a desaloxar os veciños debido á gran cantidade de fume e gases tóxicos que se estenderon polo interior do edificio. As persoas desaloxadas pasaron a noite en domicilios de familiares.