A Concellería de Persoas Maiores organiza este martes 12 ás 19:00 horas unha xornada informativa baixo o título “Testamento Vital, documento de vontades anticipadas ou de instrucións previas” coa intervención da traballadora social do Hospital Álvaro Cunqueiro, Agustina Portabales e o avogado de Afaga Alzheimer, Iván Raris.
O testamento vital é un documento no que unha persoas, maior de idade e en disposición das súas facultades, manifesta que coidados ou que tratamentos da súa saúde quere que lle presten cando xa non poida expresarse por si mesmo así como deixar establecido o destino que quere darlle ao seu corpo e aos seus órganos unha vez faleza. Os trámites dependerán de cada comunidade e dito documento pode ser modificado ou substituído en calquera momento.
Este martes o avogado Iván Raris e a traballadora social Agustina Portabales explicarán aos asistentes a esta charla no Multiúsos os trámites para elaborar un testamento vital e aidantar as nosas vontades para que sexan respectadas no caso de que nos xa non contemos coa capacidade para decidilo.
O número de persoas interesadas en deixar as instrucións médicas ten medrado nos últimos anos notablemente. De feito segundo o rexistro do Ministerio de Sanidade no 2013 o número de documentos rexistrados neste sentido ascendía a 145.775, snedo unha década despois máis de 400.000.