As mulleres foron pilladas “in fraganti” cando tentaban fuxir do establecemento e encaráronse coas empregadas. Finalmente fuxiron abandonando o lugar antes de que chegaran os axentes da Policía Local que foran alertados polas traballadoras.
Os feitos producíanse ás cinco da tarde de onte. As mulleres terían entrado no supermercado Día e tras encher con comida e outros produtos un carro da compra foron sorprendidas cando tentaban saír co botín empregando a porta de emerxencia. As traballadoras do establecemento déronlle o alto e as ladroas encaráronse con elas en actitude violenta, polo que procederon a chamar a policía Local.
Ante o risco de seren detidas, as mulleres fuxiron apresuradamente deixando o carro antes de que chegaran os axentes.