Foto: Patri Rivas
Vitoria cómoda para o equipo de Primeira Autonómica que superou sen dificultade ao equipo do Carballal nun partido disputado na Bomboeniera e que lles permite manterse nos postos de cabeza. Na División de Honra Prata Feminina, as mozas da SAR non foron quen de superar ás rivais na súa visita a Valladolid.
Valladolid 34-25 Sar Rodavigo
As de Redondela non foron quen de parar o empurre do Valladolid na segunda parte do partido que se impuxo claramente por 34 a 25. Na primeira metade a SAR fixo un partido excepcional e foise ao descanso co que parecía unha cómoda vantaxe de 15-19. Todo cambiou tralo paso por vestiarios. As de Valladolid regresaron a pista con máis forza e as visitantes só lograron facer seis goles sufrindo un total de 8 expulsións.
Con esta derrota pecha a primeira volta da liga na novena posición, con 13 puntos e 5 vitorias. Á volta das vacacións teñen unha cita complicada, visitan o campo do segundo clasificado, o Carballal.
Primeira autonómica
SAR Plastic Omnium 31-16 Granito Ibéricos Carballal
Vitoria clara para a Sar nun partido disputado na tarde do sábado na Bomboneira, onde os de Manolón non deron opcións aos rivais. Unha vitoria que os consolida como terceiros da categoría.
O partido comezou axustado pero pouco a pouco os locais foron collendo vantaxe sobre o rival ata chegar ao descanso cun 16-11 ao seu favor.
Na segunda metade continuaron ampliando a diferenza sen dar opción aos vigueses a remotar o partido que rematou co 31-16 definitivo.
A próxima cita será xa o 14 de xaneiro no campo do Valinox novás B, equipo situado na metade dea táboa.