Moaña 1-2 Choco
Os de Redondela lograron a remontada no minuto 97. Unha vitoria que lles permite despedir o ano situados na quinta praza do grupo. O próximo partido será xa á volta das vacacións do Nadal, recibirán en Santa Mariña ao Antela.
Importante vitoria a que lograron os de Redondela na xornada de onte nun partido disputado ante o Club deportivo Moaña. Adrián Rodríguez no minuto 93 e Samu Vilariño no 97 déronlle a volta a un encontro que dende o minuto 24 dominaba o conxunto local, tras o primeiro tanto de David Fraga.
Unha primeira parte na que os locais foron superiores, con varias oportunidades de marcar e cun tanto de vantaxe cando se foron aos vestiarios. Con todo, unha vez reanudado o partido o Choco deu un paso adiante e fíxose co control, presionando e sumando ocasións que darían os seus froitos con dous goles que lles permitiu aos choqueiros sumar os tres puntos en xogo.
Sexta vitoria para un equipo que se sitúa na quinta praza e que lles permite seguir soñando cos postos de cabeza.
Covadonga -1-1 Choco
Tamén xogaban fóra da casa os rapaces da categoría Xuvenil, quen tiveron que conformarse cun empate na súa visita a Asturias. O Choco levouse así un punto no campo do Covadonga. Os redondeláns reaccionaron ben ao primeiro tanto dos rivais cando tan só restaba media hora para a conclusión do partido. Os choqueiros foron quen de empatar cun tanto de Eduardo, pero malia buscar un segundo gol o marcador quedaría nun empate a uns. O próximo partido será no campo doutro rival directo, o Bansander.
Primeira autonómica
Moraña 1-3 Arcade
Vitoria para o Arcade na súa visita ao campo do Moraña. A volta das vacacións recibirán ao Pontecaldelas.
Sen derrotas na segunda Galicia
Soutomaior 3-1 Cobres
Cesantes 2-.2 A Lama
Os de Cesantes tiveron que conformarse cun reparto de puntos no partido ante a Lama e que rematou cun empate a dous tantos. Terceiros pola cola a súa próxima cita será ante un dos equipos fortes do grupo, o Unión Dena.
O Soutomaior continúa sumando vitorias, nesta ocasión cun 3-1 ante o Cobres. Situados na sexta praza do grupo tras o descanso do Nadal visitan o campo dun equipo moi necesitado de puntos, o Figueirido.