Dúas actividades enmarcadas dentro da programación de Nadal que a Deputación de Pontevedra organiza na fortaleza con asistencia de balde no caso do video mapping e un custe de 8 euros para as sesións de scape room, oriendas a maiores de 8 anos. Inscrición e reservar na web do Castelo.
O vídeo mapping consistirá nun espectáculo gratuíto de luz e son proxectado na Torre da Homenaxe do Castelo. Terá unha duración de seis minutos e haberá pases continuos desde o atardecer até as 21:00 horas. A cidadanía interesada en gozar deste vídeo mapping poderao facer, de maneira gratuíta, entre o 22 de decembro e o 4 de xaneiro, exceptuando os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro que coinciden coas datas de peche do Castelo de Soutomaior.
No que respecta ao escape room, aberto a maiores de 8 anos, trátase de “vivir en primeira persoa o asedio ao Castelo de Soutomaior”. Para iso, os participantes, nun tempo máximo de 60 minutos, terán que resolver probas e pistas en grupos para axudar a Pedro Madruga a parar aos Irmandiños. A actividade terá lugar os días 21, 22, 23, 26, 28, 29 e 30 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro, con 6 pases ao día desde as 11:00 até as 14:00 horas e desde as 16:00 ás 19:00 horas.
Para participar no xogo de escapismo será necesario adquirir a entrada que ten un custo de 8 euros na páxina web do Castelo de Soutomaior .