Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un novo contedor queimado na estrada Campo de Fútbol

colector

Na noite de onte ardeu un contedor do lixo que quedou completamente calcinado logo de que alguén lle prendera lume. As lapas foron sufocadas polos axentes da Policía Local. É o segundo colector queimado en menos dunha semana na mesma zona.

Un contedor do lixo quedou reducido a cinzas durante a noite de onte nas inmediacións do campo de fútbol de Santa Mariña en Redondela. Foi un condutor que pasaba pola zona quen alertou aos servizos de emerxencia ao redor das 22:45 de que o colector estaba ardendo. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local que tentaron a pagar o lume cun extintor. Ante a imposibilidade de sufocar as lapas un veciño facilitou unha mangueira conseguíndose así apagar o incendio. A continuación chegarían efectivos do GES de Mos quen se fixeron cargo do suceso.

Dáse a circunstancia de que hai tan só unha semana ardeu outro colector na mesma vía e no mesmo horario. Naquel incidente o lume chegou a ameazar aos coches que se atopaban estacionados nas inmediacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará