O despacho de lotería na Avenida Xeneral Rubín 26 repartiu o número 45353. Un quinto premio que se daba a coñecer unha hora despois de iniciarse o sorteo de Nadal e que está moi repartido. Caeu ademais de en Redondela, en Ourense, Xinzo, Vigo, Cangas e A Illa de Arousa, localidades que foron algunhas das afortunadas.
A Coca de Oro daba a coñecer a boa nova a través das súas redes sociais.