O grupo de títeres de Redondela mantén ata o vindeiro 6 de xaneiro a exposición na que fan un percorrido polas súa historia. Unhas mostra integrada por monicreques, teatriños, escenografía de maior tamaño como a cova dos trogloditas e outros elementos que permitirán ao visitante achegarse a estética que acompañou a estes titiriteiros ao longo destas catro décadas de historia. Unha celebración que arrancou no inicio deste 2023 cun ciclo no que recuperaron as súas obras clásicas e que rematará hoxe ás 18:00 horas coa representación do seu ultimo espectáculo “A cazola de Lola”.
Un espectáculo baseado no conto “La petite Casserole d’Anatole”de Isabelle Carrier, Tanxarina fai unha nova lectura onde a protagonista é unha moza. A compañía busca pro unha banda falarlle aos máis cativos da diversidade funcional e por outra abordar tamén a situación de desigualdade que viven as mulleres.
Dirixida polo dramaturgo Candido Pazó, os monicreques comparten escenario con Miguel Borines, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” e Andres Giráldez. Un espectáculo enmarcado na programación de Nadal do Concello con entrada de balde.