Os axentes interviron logo de seren alertados polo propio home ao redor das 23:00 horas de onte, quen se atopaba no viaduto sobre o casco urbano de Redondela con instencións suicidas. Logo de falar con varón lograron convencelo para que abandonase o lugar. O tráfico ferroviario estivo pechado durante unha hora.
Dous axentes da Policía local de Redondela evitaron que na pasada noite un home se precipitase dende o viaduto da liña férrea Vigo-Pontevedra que discorre sobre o Campo da Feira. Os feitos tiveron lugar ao redor das once da noite cando a propio home alertou da súa situación. Os axentes subiron ao viaduto e tras manter unha longa conversa co varón lograron convencelo para que abandonase o viaduto.
Os home foi trasladado en ambulancia do 061 a un centro hospitalario para recibir asistencia sanitaria.